O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a tempada de outono 2019 do Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño" no acto de sinatura de convenio celebrado esta mañá coa presenza do Director Xeral de Vegalsa-Eroski. Están previstos percorridos medioambientais entre outubro e novembro, as actividasdes de hortas urbanas e dos cursos.
No programa que se achega (PREMER para descargar) atópase o detalle das actividades e da campaña.
A primeira ruta terá lugar o domingo 6 de outubro coa clásica travesía Monte Galiñeiro - Monte Aloia, iniciando unha serie de sendas a carón da botánica tanto en Vigo (no Parque Tecnolóxico de Valladares, no Arco da Vella en Bembrive e no Pazo de Castrelos; a do Monte da Guía tense que suspender por coincidir con xornada electoral) como na provincia de Pontevedra (Castelo de Sobroso e Lourizán).
As hortas urbanas proseguiran a súa actividade habitual xa en horario de inverno: de 10 a 13 polas mañás e de 16 a 19 polas tardes. Para poder participar é preciso realizar o curso básico de hortas urbanas previsto para o sábado 5 de outubro ou xoves 10 de outubro, en Vigozoo.
Tamén seguen as actividades de voluntariado medioambiental nos montes de Vigo, nos sendeiros locais ou na caneira municipal. Para poder participar é preciso realizar o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental previsto para o sábado 5 de outubro en Vigozoo.
As inscricións para todas estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) durante a semana previa a cada unha delas, iniciándose o luns 30 de setembro.
No programa que se achega (PREMER para descargar) atópase o detalle das actividades e da campaña.
O domingo 13 de outubro participarase na IIª Andaina pola rexeneración dos montes de Vigo, coincidindo co segundo aniversario dos catastróficos incendios que asolagaron os nosos montes en outubro de 2017.