FORMACIÓN
Curso voluntariado CURSO DE INICIACIÓN AO VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL
De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nos Montes de Vigo e demais actuacións é preciso contar co curso de iniciación ao voluntariado medioambiental. Traballaranse contidos básicos sobre o voluntariado (dereitos e deberes, normativa, etc) e sobre voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño.
2 outubro (mércores, 16:30)
Lugar: Vigo Nature.
Destinatarios: maiores de idade.
Grupo: ata 50 persoas
Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00
Gratuíto.
CURSO DE HORTAS URBANAS
Unha demanda percibida por parte da Concellería de Medio Ambiente é o fomento das hortas urbanas. Para desenvolver esta iniciativa cómpre dispór duns conceptos básicos que se subministran neste curso e, logo, por suposto polos en práctica tanto en recintos particulares como en recintos municipais que se habiliten ao efecto. Preséntanse tres convocatorias de 1º nivel e unha de 2º nivel:
Cursos de 1º nivel
24 setembro (martes): horta de Navia (16:30-18:00)
25 setembro (mércores): horta de Fontáns (16:30-18:00)
26 setembro (xoves): horta de Pedro Alvarado (16:30-18:00)
Destinatarios: maiores de idade.
Grupo: ata 15 persoas
Inscrición: na propia horta ou no 010
Nota: a realización deste curso habilita para participar nas hortas-escola
Curso de 2º nivel.
27 setembro (venres): horta de Sardomela (11:00-13:00)
Horario e Lugar: comunicaraselle ás persoas preinscritas nas hortas que cumpran cos requirimentos para participar no 2º nivel.