Chega Outubro e botan a andar as actividades de Camiño a Camiño organizadas pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo. Nesta semana xa vos podedes inscribir entre o luns e o mércores á clásica travesía entre o Monte Galiñeiro e o Monte Aloia , así como asistir aos cursos de hortas urbanas ou de voluntariado medioambiental se queredes participar nestes programas. Toda a programación AQUI.
Travesía Monte Galiñeiro-Monte Aloia (domingo, 6 outubro, día completo)
Se o tempo é favorable, como parece, está garantido un percorrido moi agradable para apreciar o maior macizo montañoso a carón de Vigo. Poderase gozar das vistas da contorna e, evidentemente, a riqueza biolóxica salientable da mesma, non só en número de especies, senón que tamén nos distintos tipos de hábitats, algún moi interesante como as pequenas turbeiras, matogueiras, bosques autóctonas, etc.
Nesta ocasión o inicio terá lugar dende o parque forestal de Zamáns e unha vez alcanzada a cota, o camiño a realizar será de algo máis de 10 km pola mañá. O xantar realizarase no Aloia e, para aqueles participantes que o desexen, pola tarde farase un pequeno percorrido botánico dentro do parque natural.
Inscrición: a preinscrición realizase para empadroados entre luns 30 de setembro e mércores 2 de outubro no 010 (986810260 se chamades dende móbil), e para non empadroados o xoves 3 de outubro.
Posteriormente hai que facer a achega de 7 euros (menores 12 anos: 50%) a través da na sede electrónica do Concello de Vigo (PREMER) ou na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello). Ver no blog a “Guía para o pago de percorridos” (enlace).
Hora de convocatoria na Praza do Rei: 9:00, para saír as 9:30. Hora de regreso: estimado 19:30.
Cursos: Hortas urbanas e Iniciación ao voluntariado
A Concellería de Medio Ambiente ten programado para o sábado 5 de outubro os seguintes cursos:
- Curso básico de hortas urbanas (5 outubro, 10-13h, Vigozoo, 5 euros). Este curso habilita para participar nas hortas-escola do Concello de Vigo
Nota: haberá outro curso o xoves 10 de outubro, de 16:30 a 19:30
- Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental (5 outubro, 10-13h, Vigozoo, gratuíto). Este curso habilita para participar nos programas de voluntariado medioambiental do Concello de Vigo
Para ambos cursos hai que facer a inscrición a través do 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 30 de setembro ata o mércores 2 de outubro.