Unha vez rematado o prazo de preinscrición para participar no Voluntariado medioambiental nas Illas Cíes 2019, dende a Concellería de Medio Ambiente comunicarásevos por correo electrónico ou telefónicamente a quenda á que estades adscritos/as. Empezarase coas do mes de xullo e logo o resto.
Para pechar o proceso tendes que cubrir individualmente a presente FICHA DE INSCRICIÓN (DESCARGAR AQUI), que nos podedes enviar cuberta e asinada polos seguintes medios:
a) Por correo electrónico, ao correo info@caminoacaminovigo.org
b) Por whatsapp ao teléfono 662231023 (por favor que se lea ben)
c) Entregar directamente na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello de Vigo), en horario de 9 a 14h.
Lembrar que o prazo de presentación da Ficha de inscrición definitiva remata o 24 de xuño, se ben é importante que os que vades á 1ª e 2ª quenda o fagades o antes posible por motivo de realizar todos os trámites de acceso á illa.
Nos casos que informáchedes que ides levar menores, comunicarásevos como proceder para tramitar a estadía no camping e o viaxe á illa.
Información de utilidade:
- Lembrar que ides estar na illa varios días. Por tanto, tendes que levar equipación (polas noites fai frío e convén levar roupa de abrigo e sacos gordos ou reforzo de manta) e comida suficiente (tamén hai posibilidade para comer no restaurante, cun desconto).
- Importante levar esterilla ou colchoneta para un bó descanso
- Para transportala é util levar un carrito da compra.
- Importante levar esterilla ou colchoneta para un bó descanso
- Para transportala é util levar un carrito da compra.
- Por parte da organización está previsto dispór de comedor e tenda para cociñar, con fornillo de camping, tarteiras e neveras con xeo. En todo caso podedes levar o equipamento de cociña complementario que vexades oportuno (cubertos, vasos, cafeteira, nevera portatil, etc) e consumibles (aceite, sal, café, etc). Habitualmente compártese entre os participantes.
- Os horarios de saída nas quendas de semana son os luns as 15:30. Se podedes estar sobre as 14:45 para completar os trámites do viaxe.
- Os horarios de saída nas quendas de fin de semana son o sábado as 10:15. Se podedes estar sobre as 9:30 para completar os trámites do viaxe.
Para calquera cuestión tendes dispoñible o teléfono 662 23 10 23, así como o do monitor/ra que vos corresponda.