Dende o luns 13 de maio, en Camiño a Camiño inscrición a Cies e a Ancares.

Camiño a Camiño, o programa de educación medioambiental do Concello de Vigo, activa dende o 13 de maio unha serie de actividades moi participativas para o mes de xuño. Trataríase das preinscricións para Visita a Cies (2 xuño) e para Acampada familiar en Cies (1 e 2 xuño), así como a inscrición para a Visita aos Ancares (1 e 2 xuño).



VISITA CÍES (2 xuño) E ACAMPADA CIES II (1-2 xuño)

Debido á obrigatoria tramitación das "Autorización de acceso ás Illas Cíes", o proceso de preinscrición tanto para a Visita II  como para a Acampada Familiar II  terá lugar os días 13 e 14 de maio no 010. 
Imprescindible proporcionar ao 010: Nome e Apelidos, NIF/NIE (o ano pasado era preciso para menores a partir de 10 anos) e data de nacemento de cada un dos/das participantes. Sen estes datos non se pode obter "Autorización de acceso" e sen autorización non se emitirá billete.

A) Visita ás Illas Cíes II (domingo 2 de xuño). 400 prazas
- 13 e 14 de maio: Preinscrición faise no 010 (986 810260 dende o móbil). Antes de pasar a pagar haberá que esperar un mínimo de 5 horas dende que se fixo a preinscrición para que se poida solicitar a "Autorización de acceso" nominal. 

- Ata o 16 de maio: Pago 7 euros/persoa na taquilla da Naviera Mar de Ons (r/Cánovas del Castillo 26, horario de 9 a 21h). Menores de 12 anos: 50% da achega. 
Nota: Imprescindible conservar o billete do barco ata o día da actividade para poder acceder ao barco o domingo  (convocatoria na Estación Marítima as 9:00 para embarcar as 10:00), así como durante toda a estadía na illa.

Aviso 1: Unha vez tramitada a "Autorización" por parte da naviera, as persoas a título individual non o poderán facer pola súa conta.
Aviso 2: Unha vez abonado o billete na naviera non se poderá efectuar a devolución.


B) Acampada familiar nas Illas Cíes II (sábado e domingo, 1 e 2 de xuño). 100 prazas
- 13 e 14 de maio: Preinscrición faise no 010 (986 810260 dende o móbil). Só poden participar unidades familiares con menores ata 14 anos.
- Ata o 16 de maio: 
   a) Cubrir a ficha de inscrición por unidade familiar (PREMER)
   b) Enviar asinada a ficha a info@caminoacaminovigo.org ou por whatsapp ao 662 23 10 23
- A tramitación das "Autorizacións de acceso ás Illas Cíes", ao haber pernocta, corresponde ao Camping, que será quen llas proporcione á naviera para logo poder emitir o billete do barco.
Dado que hai que ter o grupo pechado, ata que se peche a preinscrición no 010 o martes 14 de maio pola tarde e se envie a ficha de inscrición que abaixo se indica, non se poderán solicitar as autorizacións. 
Por tal motivo MODIFÍCASE O PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN FINAL previsto inicialmente e queda como segue: 
   a) No momento en que estean recibidas as "Autorizacións de acceso ás Illas Cies", contactarase  dende Camiño a Camiño pola mesma vía na que se recibe a ficha (ou por teléfono) co/coa solicitante recollido/a na Ficha. 
   b) No momento de comunicación indicarase o prazo para que cada unidade familiar faga o pago (a razón de 7€/persoa) na taquilla da Naviera Mar de Ons (r/Cánovas del Castillo 26, horario de 9 a 21).
Nota: Imprescindible conservar o billete do barco ata o día da actividade para poder acceder ao barco o sábado 1 xuño (convocatoria na Estación Marítima as 9:00 para embarcar as 10:00) , así como durante toda a estadía na illa.

Aviso 1: Unha vez tramitada a "Autorización" por parte da naviera, as persoas a título individual non o poderán facer pola súa conta.
Aviso 2: Unha vez abonado o billete na naviera non se poderá efectuar a devolución.
___________________________________________________



PERCORRIDOS POLA SERRA DE ANCARES (1-2 xuño)  
(pulsar para ver PROGRAMA E FICHA INSCRICIÓN).

- 13 e 14 de maio: Preinscrición no 010 (986 810260 dende o móbil). 48 prazas.
 Ata 16 de maio: 
   a) Pagamento inicial de 15€ (a través da SEDE ELECTRONICA ou directamente na Concellería de Medio Ambiente, 2º andar do Concello). Os restantes 50 euros aboarase ao subir ao autobús o día da saída.
   b) Cubrir a Ficha de inscricion (PREMER)
   c) Enviar por correo electrónico (info@caminoacaminovigo.org) ou entregalo na Concellería de Medio Ambiente: Ficha de inscrición cuberta + resgardo de aboamento inicial + DNI de todos os incluídos na ficha.





Para facilitar as xestións estará dispoñible un servizo de atención a inscritos na Concellería de Medio Ambiente de Vigo (2º andar do Concello) de 9 a 14 horas, así como o teléfono de Camiño a Camiño (662 23 10 23)

Máis info xobre pago en "Guía Pago Percorridos 2019" e proceso de inscrición no apartado "Rutas e Actividades familiares"
Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Dende o luns 13 de maio, en Camiño a Camiño inscrición a Cies e a Ancares.
Dende o luns 13 de maio, en Camiño a Camiño inscrición a Cies e a Ancares.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj_kH0gMwGHxn7v_r4lli-xLVRXw6UJoeyUtCb8X21d2FF8FL9sqdED4AUOUpbvWbxB8XRs8EgMbStnff0vYOEShs7n5J5_1LoyN9OOkjrtUrcnUj3YdmYqqBjLhIOIwVKJAFzXqRKqmBcV/s400/VisitaCiesG1-14.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj_kH0gMwGHxn7v_r4lli-xLVRXw6UJoeyUtCb8X21d2FF8FL9sqdED4AUOUpbvWbxB8XRs8EgMbStnff0vYOEShs7n5J5_1LoyN9OOkjrtUrcnUj3YdmYqqBjLhIOIwVKJAFzXqRKqmBcV/s72-c/VisitaCiesG1-14.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/05/percorrido-camino-a-camino-vigo-08.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/05/percorrido-camino-a-camino-vigo-08.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar