O vindeiro sábado 1 de xuño sae o grupo que vai a realizar a visita a Ancares (pulsar para ver PROGRAMA).
De seguido lémbrase información de interese:
PROGRAMA DE ACTIVIDADE*
Sábado 1 xuño: Ruta Piornedo-Suarbol-Moreira-Piornedo
7:45 Convocatoria na Praza do Rei
8:15 Saída en autobús
11:00 aprox Parada no camiño, con parada obrigatoria de condutor
13:30-19:00 Ruta Piornedo-Suarbol-Moreira-Piornedo (dificultade media-alta)
A equipaxe quedará no autobús, levando tan só unha mochila coa comida (a cargo de cada participante) e o preciso para o percorrido (bastóns, roupa abrigo/auga, auga, etc).
19:00/19:30 Aloxamento (Cantina Mustallar e Hotel Piornedo) e tempo libre.
21:00 Cea (menú ofertado por cada aloxamento) e tempo libre
Domingo 2 xuño: Piornedo-Mustallar-Piornedo
8:00 Almorzo (cóllese o picnic para o xantar)
9:00-15:00 Ruta Piornedo-Mustallar-Piornedo (dificultade alta)
15:00-16:00 Tempo libre
16:00 Retorno a Vigo, con parada obrigatoria de condutor
21:00 aprox Chegada a Vigo
* Horarios estimados e susceptibles de modificación.
Recomendacións:
- botas de montaña que suxeiten ben o nocello.
- bastóns para apoiar as fortes subidas e baixadas.
- crema solar, gorra, gafas de sol.
- auga para todo o traxecto.
- roupa de abrigo e/ou choiva dada a altitude acadada.
- Calzado para sábado e para domingo
Teléfono de contacto para calquera eventualidade: 662 23 10 23