Dentro da programación de Camiño a Camiño, a Concellería de Medio Ambiente xunto con Vigozoo teñen previsto realizar unha experiencia de "Acampada familiar" (Nai/Pai/Titor-ra legal cos seus fill@s/titorad@s) para coñecer intensamente a vida do Parque zoolóxico e, pola noite, realizar unha observación nocturna moi particular.
Programa de actividades (dende sábado 16:30 a domingo 13:30):
16:30 Acollida e aloxamento no Albergue*
17:00 Actividade familiar no Aulario. Piscina (opcional)
18:00 Merenda para os máis pequenos.
18:30 Obradoiro sobre constelacións
19:30 Visita guiada polo Parque (parte I)
20:45 Tempo Libre
21:15 Cea
22:15 Vista da posta do sol dende o Mirador
09:30 Almorzo
10:00 Recollida do Albergue
10:30 Visita guiada polo Parque (parte II)
12:00 Xogos familiares ou Piscina (opcional)
13:00 Despedida
* Vigozoo conta cun Albergue conformado por liteiras dispostas en tres habitáculos, sendo compartida a estadía entre os participantes. É preciso levar saco de durmir. Ver foto adxunta
Proceso de inscrición (válido para a quenda do 22-23 xuño e para a quenda do 29-30 xuño):
- Entre 3 e 7 de xuño: preinscrición no 010 por orde de chamada. Total a inscribirse 12 unidades familiares.
- Entre 10 e 14 de xuño (unha vez lograda praza): Presentación da ficha de incrición (PREMER) xunto co xustificante do pago a través de correo electrónico (taquilla.vigozoo@vigo.org) ou ben na Taquilla de Vigozoo (10:30-20:00)
- Pago: 28 euros/persoa participante (incluído menores). Conta de ingreso: ES33-2080-5000-6731-1019-4172
- Se non se cumprimenta a inscrición, actívase lista de agarda.
Máis información en info@caminoacaminovigo.org ou non teléfono 662 23 10 23