Nesta edición das Rutas por Galicia organizadas pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, achegámonos ao Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.
Tomarase como base de operacións Lobios e están previstos realizar varios sendeiros pola Serra do Xurés, perseguindo a pegada humana que a minería deixou na zona (VER PROGRAMA E FICHA DE INSCRICIÓN). Habilítanse 50 prazas e o custe por persoa é de 65€.
Rutas: Sábado (vermello): Portela do Home-mina das sombras-Vilameá. Domingo de mañá (azul): Portela do Home-Balneario. Domingo tarde (verde): Balneario-muíños de Vilameá.
Proceso de inscrición:
A preinscrición para a actividade terá lugar no 010 (986 810260 dende o móbil) entre o luns 8 e o martes 9 de abril, sendo preciso facer o pagamento de 15€ ata 11 de abril (a través da SEDE ELECTRONICA ou directamente na Concellería de Medio Ambiente, 2º andar do Concello). Os restantes 50 aboarase ao subir ao autobús.
Unha vez feito o aboamento inicial, xunto coa Ficha de inscricion e o DNI, hai que envialo por correo electrónico (info@caminoacaminovigo.org) ou entregalo na Concellería de Medio Ambiente ata o xoves 11 de abril (VER PROGRAMA).
Para facilitar as xestións estará dispoñible un servizo de atención a inscritos na Concellería de Medio Ambiente de Vigo (2º andar do Concello) de 9 a 14 horas, así como o teléfono de Camiño a Camiño (662 23 10 23)