Programa de Actividades para Maio: Andaina, Xurés, Cíes e moito máis

Camiño a Camiño activa na última semana de abril unha serie de actividades moi participativas para o mes de maio.
Principian coa presentación este luns 29 de abril da VI Andaina polos montes de Vigo. Prosiguen dende ese mesmo día coas preinscricións para Cies (18 maio) e para Acampada familiar en Cies (18-19 maio), así como as inscricións para a Visita ao Xurés o domingo 5 de maio e o Paseo polos montes de Cabral o sábado 4 de maio.

Participantes na Pequerruta da V Andaina polos montes de Vigo - 2018


ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA

Rolda de prensa de presentación da VIª Andaina polos montes de Vigo (domingo, 12 de maio). O Alcalde de Vigo presentará este luns 29 de abril o evento xunto con Montes de Vigo, Eroski-Vegalsa e Coca-Cola. A partir dese momento abrirase a inscrición nesta web.

Paseos polos montes de Vigo: Montes de Cabral (sábado 4 maio, 16:30-18:30)
Trátase dunha iniciativa da Concellería de Medio Ambiente en colaboración con Montes de Vigo. Está pensado para todos os públicos, de xeito que tranquilamente paseando se poida falar da historia, patrimonio, medioambiente, paisaxe, etc, do monte transitado.
Inscrición gratuíta: no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou directamente na web de Montes de Vigo (PREMER), dende o luns 29 abril ata venres 3 maio.
Lugar de encontro: Entrada a IFEVI (ver localización Google Maps)


Senda a carón da minería de Galicia: O ouro e o wolframio no Xurés (domingo, 5 maio, 8:00 na Praza do Rei, día completo).
Inscrición previa no 010 e posterior achega de 7 euros a través da Sede electrónica do Concello de Vigo (PREMER).
Máis info xobre pago en "Guía Pago Percorridos 2019" e proceso de inscrición no apartado "Rutas e Actividades familiares"




INCRICIÓNS EN CÍES - QUENDA 1 (18-19 maio)

A) Preinscrición no 010 (986 81 02 60) 
Debido á obrigatoria tramitación das "Autorización de acceso ás Illas Cíes", o proceso de preinscrición tanto para a Visita I (domingo 19 maio) como para a Acampada Familiar I (sábado e domingo,18-19 maio) terá lugar os días 29 e 30 de abril no 010. 
Imprescindible proporcionar ao 010: Nome e Apelidos, NIF/NIE (o ano pasado era preciso para menores a partir de 10 anos) e data de nacemento de cada un dos/das participantes. Sen estes datos non se pode obter "Autorización de acceso" e sen autorización non se emitirá billete.

Unha vez feita a preinscrición no 010, o proceso de inscrición péchase do seguinte xeito:

B) Visita ás Illas Cíes I (19 maio). 
Antes de pasar a pagar haberá que esperar un mínimo de 5 horas dende que se fixo a preinscrición para que se poida solicitar a "Autorización de acceso" nominal. 

- Forma de pago: 7 euros/persoa na taquilla da Naviera Mar de Ons (r/Cánovas del Castillo 26, horario de 9 a 21h). Menores de 12 anos: 50% da achega. 
Nota: Imprescindible conservar o billete do barco ata o día da actividade para poder acceder ao barco o sábado 18 (convocatoria na Estación Marítima as 9:00 para embarcar as 10:00), así como durante toda a estadía na illa.

A data límite de pago é o 2 de maio, ás 21:00

Aviso 1: Unha vez tramitada a "Autorización" por parte da naviera, as persoas a título individual non o poderán facer pola súa conta.
Aviso 2: Unha vez abonado o billete na naviera non se poderá efectuar a devolución.



C) Acampada familiar nas Illas Cíes I (18 e 19 de maio).
A tramitación das "Autorizacións de acceso ás Illas Cíes", ao haber pernocta, corresponde ao Camping, que será quen llas proporcione á naviera para logo poder emitir o billete do barco.
Dado que hai que ter o grupo pechado, ata que se peche a preinscrición no 010 o martes 30 pola tarde e se envie a ficha de inscrición que abaixo se indica, non se poderán solicitar as autorizacións.
Por tal motivo MODIFÍCASE O PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN FINAL prevista inicialmente como segue:

- Entre o 29-30 de abril, para quen teña feita a preinscrición no 010: Cobertura da Ficha de inscrición de Acampada (PREMER AQUI). Enviar asinada unha ficha por unidade familiar a info@caminoacaminovigo.org ou por whatsapp ao 662 23 10 23

- No momento en que estean recibidas as "Autorizacións de acceso ás Illas Cies", contactarase  dende Camiño a Camiño pola mesma vía na que se recibe a ficha (ou por teléfono) co/coa solicitante recollido/a na Ficha. 

- No momento de comunicación indicarase o prazo para que cada unidade familiar faga o pago (a razón de 7€/persoa) na taquilla da Naviera Mar de Ons (r/Cánovas del Castillo 26, horario de 9 a 21).
Nota: Imprescindible conservar o billete do barco ata o día da actividade para poder acceder ao barco o domingo 19 (convocatoria na Estación Marítima as 9:00 para embarcar as 10:00) , así como durante toda a estadía na illa.

Aviso 1: Unha vez tramitada a "Autorización" por parte da naviera, as persoas a título individual non o poderán facer pola súa conta.
Aviso 2: Unha vez abonado o billete na naviera non se poderá efectuar a devolución.


Calquera información adicional en Rutas e Actividades Familiares (PREMER) ou chamar ao 662 23 10 23


Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Programa de Actividades para Maio: Andaina, Xurés, Cíes e moito máis
Programa de Actividades para Maio: Andaina, Xurés, Cíes e moito máis
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjNPopV20P21D70SWywJolJCQA3NzKkReUIgUXL0knjNYv0n9_Ki4i3ZiIBLPUvjJWnVMSHU-5Ians6g-0gYKwZqOLgZvs6UEa3V_msz6U0Nemxm-57wJQVb5hvvZm97qvVABsllv1HdtbP/s320/Andaina18b-103.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjNPopV20P21D70SWywJolJCQA3NzKkReUIgUXL0knjNYv0n9_Ki4i3ZiIBLPUvjJWnVMSHU-5Ians6g-0gYKwZqOLgZvs6UEa3V_msz6U0Nemxm-57wJQVb5hvvZm97qvVABsllv1HdtbP/s72-c/Andaina18b-103.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/04/percorrido-camino-a-camino-vigo-07.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/04/percorrido-camino-a-camino-vigo-07.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar