Antes de Semana Santa: Fontao e Montes de Matamá-Comesaña

No mes de abril Camiño a Camiño proseguimos con: os Paseos polos montes de Matamá-Comesaña, o sábado 13 de abril pola tarde para toda a familia, e a Sendas a carón da minería de Galicia: o wolframio en Fontao (Vila de Cruces), o domingo 14 de abril durante todo o día.

Paseo polos montes de Coruxo, a pesar da choiva

Paseos polos montes de Vigo: Montes de Matamá-Comesaña (sábado 13 abril, 16:30-18:30)
Trátase dunha iniciativa da Concellería de Medio Ambiente en colaboración con Montes de Vigo. Está pensado para todos os públicos, de xeito que tranquilamente paseando se poida falar da historia, patrimonio, medioambiente, paisaxe, etc, do monte transitado.
Inscrición gratuíta: no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou directamente na web de Montes de Vigo (PREMER), dende o luns 8 abril ata venres 12 abril.
Lugar de encontro: Parque Forestal de Maruxento (ver localización Google Maps)

Sendas a carón da minería de Galicia: O wolframio en Fontao (Vila de Cruces) (domingo, 14 abril, 8:00-20:00)


A Concellería de Medio Ambiente prosigue no mes de abril cos percorridos por entornos de interese paisaxístico e medioambiental nos que a minería supuxo unha transformación da paisaxe. Nesta ocasión achegarémonos a Fontao-Vila de Cruces, onde tiveron lugar nos anos 40 do seculo pasado unha auténtica historia da busca do ouro negro (o wolframio) por motivos bélicos.
Aproveitaremos e pasaremos polo Mosteiro de Carboeiro e visitaremos a Fervenza do Toxa.
Preinscrición: no 010 (986 81 02 60 dende móbil), de luns a mércores (empadroados) e xoves (non empadroados).
Inscrición definitiva ao facer a achega de 7 euros (50% menores 12 anos): ata o venres as 13:00 na Sede electrónica do Concello de Vigo (PREMER) ou na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello de Vigo)
Máis información na "Guía para o pago dos percorridos medioambientais"
Hora e Lugar de saída: 8:00 na Praza do Rei, para saír as 8:30.
Características do percorrido:
- Dificultade: baixa-media
- Lonxitude do Percorrido da mañá: 8 km. Percorrido da tarde: 5km. Traslado en autobús dende Fontao ao inicio da ruta da tarde
- Altura: mínimo 161m e máximo 410m
- Duración aproximada:  3+2 horas
Recomendacións: aconsellable levar gorrabotas bastón de apoio, así como tentempé e auga suficiente.

Alzado do Percorrido da mañá

Alzado do Percorrido da tarde

Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Antes de Semana Santa: Fontao e Montes de Matamá-Comesaña
Antes de Semana Santa: Fontao e Montes de Matamá-Comesaña
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjZT9gMsGbTXNnnuQ8W1l_AEJO53ZfJ-I_zNLjJfHbeHKaEEXrESM4SsW9aUlxPeGhkp18lfjbqxwuRe5m_Y1qWeFQTq8YkAOZhLW8JuHDZJdCoJ2efaCPmbQZLJTPtij_1zOgj7KkWnssA/s400/FS125+Paseo+Coruxo+1.jpeg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjZT9gMsGbTXNnnuQ8W1l_AEJO53ZfJ-I_zNLjJfHbeHKaEEXrESM4SsW9aUlxPeGhkp18lfjbqxwuRe5m_Y1qWeFQTq8YkAOZhLW8JuHDZJdCoJ2efaCPmbQZLJTPtij_1zOgj7KkWnssA/s72-c/FS125+Paseo+Coruxo+1.jpeg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/04/percorrido-camino-a-camino-vigo-06.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/04/percorrido-camino-a-camino-vigo-06.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar