A VI Andaina polos montes de Vigo foi presentada no Concello de Vigo

Este luns, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a VI Andaina polos Montes de Vigo, xunto aos responsables de Montes de Vigo, entidade colaboradora, e de Vegalsa-Eroski e Coca Cola, como patrocinadores. Esta proposta, que forma parte do programa municipal de educación medioambiental Camiño a Camiño, terá lugar o domingo 12 de maio.



O alcalde salientou que esta VIª edición da Andaina pretende ser unha "xornada de encontro cidadá cos nosos montes e lograr que cada día máis xente acuda a gozar do seu ocio nos montes, e temos que chegar a 2000 participantes". Para este fin o Concello de Vigo colabora activamente coas comunidades de montes de Vigo para o mantemento dos Parques Forestais e dos Sendeiros Locais (hai unha rede de preto de 130 km), así como nas labouras de conservación do monte cunha cuadrilla de 22 operarios. 

Uxío González, presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, definiu a Andaina como un encontro "para todos os públicos" dado que o percorrido deste ano ten previsto percorridos de 7 km, de 21 km, de 32 km e de 39 km. A ruta parte do Parque Forestal de Zamáns e pasa polos montes de Beade, Bembrive, Cabral e Candeán. Ver máis información no folleto (PREMER) e INSCRICIÓNS AQUI ou no 010.

Tamén destacou que se despregará un dispositivo de cen persoas ao longo dos 39 quiómetros do percorrido, composto por axentes da Policía Local, Protección Civil, voluntarios da Comunidade de Montes, médicos, socorristas... "Pretendemos que sexa unha actividade deportiva e lúdica no que a xente se sinta acompañada e poña en valor o noso patrimonio natural".

O evento conta co patrocinio de Vegalsa-Eroski e de Coca Cola, que contribúen a que o evento se poida facer dun xeito máis agradable a través dos kits de avituallamento previsto ao longo do percorrido.

Nesta VIª edición da andaina vaise propor á cidadanía viguesa comprobar como paulatinamente se recuperan os montes asolagados polos lumes de outubro de 2017 e o bo estado no que se atopan os montes non queimados, por onde circula a rede de sendeiros locais e por onde próximamente vai atravesar o Anel verde.






Funcionamento da Andaina
Aqueles/as interesados en participar na Andaina polos Montes de Vigo pódense inscribir ata o 10 de maio no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou na solapa Inscrición Andaina do blog de Camiño a Camiño (caminoacaminovigo.blogspot.com).


A inscrición leva asociado a aceptación do regulamento da andaina e asumir o custe do desprazamento en autobús urbano dende a Praza do Rei ata o lugar de saída e a correspondente volta, podéndose empregar a tarxeta Pass-Vigo.

O mesmo día da andaina na Praza do Rei terá lugar o proceso de control de asistencia e entregarase a camiseta conmemorativa da VIª Andaina polos montes de Vigo, e proporcionarase un kit con material de avituallamento e promocional cortesía de Vegalsa-Eroski e de Coca Cola. Tamén ao longo do percorrido poderase completar o abastecemento con bebida e alimentos enerxéticos.

Para quen participe no Percorrido curto ou na Pequerruta, cabe a posibilidade de que se realice o control de saída directamente no Parque Forestal do Vixiador, sendo alí onde se entregue a camiseta e o kit de abastecemento. No caso da Ruta adaptada necesariamente a incorporación terá lugar no Parque Forestal do Vixiador.

Unha vez chegado ao punto de saída das distintas andainas, iniciaranse as mesmas co acompañamento de persoal de organización que encabezarán os grupos e que se verán reforzados en diversos puntos críticos ou travesías por voluntarios/as das distintas comunidades de montes que se transitan.

Está previsto pechar a actividade e facer a comida no Parque forestal do Vixiador, agás os que fagan todo o percorrido, que continuarán pola tarde. A partir das 16:00 horas, estarán dispoñibles as lanzadeiras que volverán á Praza do Rei. 
Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: A VI Andaina polos montes de Vigo foi presentada no Concello de Vigo
A VI Andaina polos montes de Vigo foi presentada no Concello de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhJ38R3RHijlrRF_KOKmWN4ubhxU-SsTY6mcxTu9jbnPYcXcaWPDGdem0muDab3gDqwLk_hWagdbEUUB1tIq7HgUaE1lC1SfeRD3MQ2Dx6eEIhKHHiduSldGFfyBJ5O_AP_twSUorkDxWU/s400/Andaina19-RoldaPrensa-1.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhJ38R3RHijlrRF_KOKmWN4ubhxU-SsTY6mcxTu9jbnPYcXcaWPDGdem0muDab3gDqwLk_hWagdbEUUB1tIq7HgUaE1lC1SfeRD3MQ2Dx6eEIhKHHiduSldGFfyBJ5O_AP_twSUorkDxWU/s72-c/Andaina19-RoldaPrensa-1.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/04/andaina-montes-vigo-2019-01.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/04/andaina-montes-vigo-2019-01.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar