A Senda da Auga é o sendeiro que circula pola canalización da auga que vai dende o Encoro de Eiras ata o depósito de auga da rúa Cantabria en Vigo, case 50 km.
Nesta ocasión, Camiño a Camiño, programa de educación medioambiental do Concello de Vigo, programou o percorrido dende a Fonte das Mozas (preto de Aqualia) ata o Parque Forestal de Chan das Pipas. No arranque vanse ver unhas vistas prezosas do Monte da Guía e da Enseada de San Simón, ata chegar a unha zona cun bosques moi atracticos, con boa cantidade de frondosas.
Ao pasar o río Fondón, vanse facer dúas versións: a ruta orixinal, máis longa pero sen desnivel, e a ruta variante, algo máis corta pero con moito desnivel, que accederá a Trasmañó e Monte Penide -lugar moi destacado en arte megalítico-. Logo volveranse a xuntar as dúas rutas ata chegar ao Parque Forestal de Chan das Pipas (VER VIDEO con tomas aéreas), preto do alto dos Valos, xa en Redondela.
RUTA ORIXINAL (azul)
- Dificultade: baixa
- Lonxitude: 14,2 km
- Altura: mínimo 117 m e máximo 224 m
- Pendente: prácticamente chaira
- Duración aproximada: 3,5 horas
- Recomendacións: aconsellable levar botas e bastón de apoio.
RUTA VARIANTE (azul con desvío vermello)
- Dificultade: media-alta
- Lonxitude: 12,8 km
- Altura: mínimo 152 m e máximo 438 m
- Pendente media: 5,9% / -5,9%. Máxima: 43,3%, -21.9 (ver alzado)
- Duración aproximada: 3,5 horas
- Recomendacións: aconsellable levar botas e bastón de apoio (imprescindible)
Inscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 11 de marzo ata o mércores 14 de marzo (non empadroados, o xoves).
Máis info: apartado Rutas e Actividades Familiares