Dentro da programación de Camiño a Camiño, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo ten previstos tres cursos para o sábado 9 de marzo de 2019: Curso de Iniciación ao voluntariado medioambiental (10-13, en Vigozoo, gratuíto), Curso Básico de Hortas Urbanas (10-13, en Vigozoo, 5 euros), e Curso de Viticultura en Galicia (edición D.O.Ribeiro) (11:30-14:00, AAVV Casco Vello en Rúa Oliva 12, gratuíto).
Tal e como se recolle no apartado Voluntariado, o curso de voluntariado habilita para participar nas accións de voluntariado medioambiental: montes de Vigo, sendeiros, acompañamento de cans, Illas Cíes, etc). Neste caso só está contemplada a participación de persoas empadroadas en Vigo, que ademáis teñen que asinar o acordo de voluntariado da Oficina Municipal de Voluntariado (pódese facer o mesmo día do curso)
No caso do curso de hortas urbanas, a realización do mesmo habilita para participar nas hortas-escola do Concello de Vigo (ver relación de hortas no apartado Hortas Urbanas)
Inscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 4 de marzo ata o mércores 7 de marzo.
Máis info: apartado Formación