A Concellería de Medio Ambiente de Vigo acaba de activar a Programación de Primavera 2019 de Camiño a Camiño, no que se recollen as actividades previstas para a temporada no tocante a percorridos medioambientais, hortas urbanas, voluntariado medioambiental e formación.
Como se pode comprobar no programa (Premer) as primeiras actividades de inscrición arrancan despois do entroido:
PERCORRIDOS MEDIOAMBIENTAIS
Dende 4 marzo: inscrición no 010 para
- Ruta polo curso alto do Lagares (domingo, 10 marzo, 9:00 na Praza do Rei). Gratuíto.
Máis info e proceso de inscrición no apartado "Rutas e Actividades familiares"
Lembrar que se chamades dende móbil ao 010 convén empregar o 986 81 02 60.
CURSOS E CONFERENCIAS
Dende 4 marzo: Inscricións no 010 para
- Curso de Iniciación ao Voluntariado (sábado, 9 marzo, 10-13h, Vigozoo). Gratuíto.
- Curso básico de Hortas urbanas (sábado, 9 marzo, 10-13h, Vigozoo). 5 euros. Próximo curso, xoves 14 marzo, 16:30-19:30.
- Curso de Viticultura en Galicia (sábado, 9 marzo, 11:30-143h, Asociación Veciñal do Casco Vello, Rúa Oliva 12, soto). Próximo curso, sábado 16 marzo.
Máis info no apartado "Formación"
VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL
Para poder participar é necesario ter realizado o Curso de Iniciación ao Voluntariado Medioambiental e asinado o correspondente Acordo de Voluntariado
Accións previstas para esta semana:
- Voluntariado de Hortas: o voluntariado das respectivas hortas en horario habitual de martes a venres
- Voluntariado de Montes: mércores 27, 9:30h, no Monte da Guía
- Voluntariado de Sendeiros: martes 26 e xoves 28, de 16 a 19h, en lugar comunicado vía whatsapp.
Calquera información adicional, chamar ao 662 23 10 23
HORTAS URBANAS
Está previsto que boten a andar a partir do martes 5 de marzo, nos horarios habituais das hortas. Máis info no apartado "Hortas urbanas"
PROGRAMACIÓN COMPLETA (Descargar)