Para o domingo 18 de novembro a proposta de Camiño a Camiño é o sendeiro de Cabral, pouco coñecido e cunha vistosidade sorprendente.
Dividirase o percorrido entre Ruta longa (11,4 km), de maior esixencia, e Ruta curta (8,6 km), máis levadeira. O percorrido é circular con saída e chegada ao Gorxal
A inscrición é gratuíta e realízase no 010 (986 81 02 60 dende móbil) de luns a mércores para empadroados. A inscrición para non empadroados será o xoves.
A hora de convocatoria na Praza do Rei será as 9:00, para saír as 9:30.
Aviso importante: recoméndase levar botas de sendeirismo e bastóns de apoio.