Dentro da serie de sendeiros locais de Vigo, Camiño a Camiño propónche para o domingo 11 de novembro o sendeiro de Beade-Bembrive, no que poderás comprobar un exemplo de monte multifuncional no que se combinan distintos tipos de plantacións con espazos de lecer e bosque de ribeira ao carón do río Eifonso. Tamén terase ocasión de pasar por lugares con encanto como a aldea da Fraga ou o muíño-serrería de Calderón. Se o día acompaña poderanse contemplar fermosas panorámicas
Dividirase o percorrido entre Ruta longa (9,2 km), de maior esixencia, e Ruta curta (7,2 km), máis levadeira. O percorrido é circular con saída e chegada á Área recreativa de Pouso.
A inscrición é gratuíta e realízase no 010 (986 81 02 60 dende móbil) de luns a mércores para empadroados. A inscrición para non empadroados será o xoves.
A hora de convocatoria na Praza do Rei será as 9:00, para saír as 9:30.
Aviso importante: dado o trazado do sendeiro recoméndase levar botas de sendeirismo e bastóns de apoio.