No último percorrido de outubro (domingo 28) Camiño a Camiño lévanos por terras do Ribeiro, que polas súas singulares características climática a converten nunha zona moi axeitada para o cultivo da vide. Tamén circularemos por abondosas carballeiras e bosques de ribeira á beira dos ríos Arenteiro e Avia, co seu colorido de outono. Todo un espectáculo
A inscrición será como sempre no 010 (986 81 02 60) entre o luns 22 e o mércores 24 e, para non empadroados, o xoves 25. Como a actividade é de día completo, a achega será de 7 euros. Unha vez feita a inscrición cómpre realizar o pago da achega a través da sede electrónica ou na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello). Para máis información: PREMER GUÍA DE PAGO
AVISO IMPORTANTE: O domingo 28 ten lugar o cambio de hora e por ese motivo a hora de convocatoria será as 9:00 na Praza do Rei, para saír as 9:30.
Dado que a lonxitude do percorrido total é de 19,5 km, habilitarase un percorrido curto de xeito que remate á hora de comer (sobre 13 km). A persar do que semella no alzado, o trazado tan só ten un desnivel de 170 m.