Continuando coas sendas a carón do Viño, nesta semana toca achegarse o domingo á privilexiada comarca do Rosal e coñecer algúns dos seus encantos.
Tamén terá lugar en Vigozoo o sábado pola tarde a primeira actividade familiar de sensibilización en relación coa contaminación lumínica e de plástico de un só uso (entrada gratuíta). As inscricións para esta quenda ou para a da semana que vén realízanse no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ata o xoves e conlevan unha segunda parte en Ancares no mes de novembro (ver programación).
Percorrido polo Rosal.
O trazado previsto permitiranos comprobar o microclima que se xera na zona, moi axeitado para o cultivo da uva, sobre todo as variedades de albariño e loureira, e para outras producións agrarias. Tamén comprobaremos como dende o nivel do mar se elevan dúas serras, a da Groba e a do Argallo, ata a chaira.
No percorrido gozaremos de miradoiros naturais con vistas ao Atlántico e ao Esteiro do Miño, así como a visita aos muíños do Folón, declarados Ben de Interese Cultural, e onde se concentran arredor de 60 "muños", que é como se denominan na zona.
A actividade é de día completo, cunha distancia a realizar en todo o día de 15,2 km e tramos cun importante desnivel (moi recomendable bastóns e botas que aguanten os nocellos).
Lembrar que a inscrición principia o luns 15 de outubro a través do 010 (986 81 02 60 dende móbil) ata o mércores, e non empadroados o xoves. Unha vez feita a inscrición cómpre realizar o pago da achega a través da sede electrónica ou na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello). Para máis información: PREMER GUÍA DE PAGO