Camiño a Camiño arranca a tempada de outono: A Estrada e cursos


Camiño a Camiño, o programa de educación medioambiental da Concellería de Medio Ambiente de Vigo, arranca a tempada de outono cunha proposta de percorrido medioambiental moi atractiva: 
- senda a carón do río Ulla en A Estrada (7 outubro, 200 prazas, 7 euros, hora convocatoria: 8:00 na Praza do Rei) 
cursos de iniciación ao voluntariado e de hortas urbanas (6 outubro)

Lembrar que a inscrición principia o luns 1 de outubro a través do 010 (986 81 02 60 dende móbil) e que no caso do percorrido medioambiental unha vez feita a inscrición cómpre realizar o pago da achega a través da sede electrónica ou na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello). Para máis información: PREMER GUÍA DE PAGO 

Senda a carón da sidra e do viño: etapa A Estrada
A comarca de A Estrada resulta moi interesante polas características da súa paisaxe e porque é unha zona de transición entre o sur de Galicia e Santiago (atravesa a vía da Prata do Camiño de Santiago). 
Tamén é chamativo a súa denominación de Vila Airista, isto é, unha vila onde acudía a xente a tomar os aires da zona, que segundo se dicía eran moi beneficiosos para as doencias pulmonares. Ata aquí acudía moita xente da  costa escapando do clima máis húmido do litoral.  O auxe deste turismo de saúde foi a comezos do século XX.  Hoxe en día aínda pervive o turismo rural nesta fermosa comarca do interior de Galicia.
Ademáis é terra de sidra, que mesmo se data na idade de ferro. Nestes últimos anos está collendo un particular pulo cunha produción estimada de 2 millóns de kilos de mazás, que subministra tanto a sidrerías de Galicia como de fóra.


O trazado previsto vaise realizar ao carón do río Ulla, o terceiro río máis longo de Galicia, e no que se poderán contemplar bosques de ribeira ben conservados, especies fluviais moi raras e amezadas como o mexilón de río (Margaritifera margaritifera) ou a toupa de río (Galemys pyrenaicus), unha riqueza piscícola destacada, etc. 
O percorrido da mañá (12,6 km de dificultade baixa) subirá polo río ata o miradoiro de Gundián, cunha panorámica excepcional da comarca de Tabeirós e Terra de Montes, á que pertence a Estrada. Despois de comer, quen o desexe, poderá realizar un percorrido de case 4 km, ata Monte Castro, cun pouco máis de dificultade.
Recomendación importante: levar calzado que suxeite ben os nocellos e levar bastóns para camiñar.






Cursos: Hortas urbanas e Iniciación ao voluntariado
A Concellería de Medio Ambiente ten programado para o sábado 6 de outubro os seguintes cursos:

- Curso básico de hortas urbanas (6 outubro, 10-13h, Vigozoo, 5 euros). Este curso habilita para participar nas hortas-escola do Concello de Vigo

Nota: haberá outro curso o xoves 11 de outubro, de 16:30 a 19:30

- Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental (6 outubro, 10-13h, Vigozoo, gratuíto). Este curso habilita para participar nos programas de voluntariado medioambiental do Concello de Vigo

Para ambos cursos hai que facer a inscrición a través do 010 (986 81 02 60 dende móbil) ata o mércores previo.
Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Camiño a Camiño arranca a tempada de outono: A Estrada e cursos
Camiño a Camiño arranca a tempada de outono: A Estrada e cursos
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhtdQbpq9Z13bGGiScv7G5KvolePcc1zODcv31J5g587_13goqOsZ3CWAZiPm4AWUxyzWgrlQKNx3qsefZMAFAeFuld_Kr24s935YmMhUDxJHXzR9mlN74qrtNFXv4s0trDyxpCWAhBTEad/s320/AEstrada-8.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhtdQbpq9Z13bGGiScv7G5KvolePcc1zODcv31J5g587_13goqOsZ3CWAZiPm4AWUxyzWgrlQKNx3qsefZMAFAeFuld_Kr24s935YmMhUDxJHXzR9mlN74qrtNFXv4s0trDyxpCWAhBTEad/s72-c/AEstrada-8.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/09/outubro-1.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/09/outubro-1.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar