A Concellería de Medio Ambiente, en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas, ven de presentar a Campaña de voluntariado de Camiño a Camiño para o período estival nas Illas Cíes:
- Período: 2 xullo - 9 de setembro, en quendas de 5 días e 2 fins de semana en setembro). Ver quendas na ficha de preinscrición.
- Tarefas a realizar: erradicación de especies invasoras, limpeza de espazos públicos e de colaboración en proxectos de conservación e investigación.
- Requisitos para participar no Voluntariado de Camiño a Camiño: ter feito o Curso de Iniciación ao Voluntariado medioambiental e dispor de Acordo de Voluntariado renovado en xuño de 2018 (aparte de asinar o acordo é preciso ter entregado copia do DNI). Este último proceso, de non telo feito, poderase realizar na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello de Vigo), en horario de mañá.
- Prazo de preinscrición: ata o día 14 de xuño. Cómpre informar que este adianto dos prazos resposta á necesidade de ter que tramitar os respectivos accesos á illa con moita anterioridade.
- Lugar de preincrición: cubrindo o seguinte formulario de preinscrición (premer) ou levar cuberta á Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello) a ficha de preinscrición (premer). Tanto no formulario como na ficha pódense ver as quendas ofertadas e pódese indicar aquelas persoas voluntarias interesadas en ir xuntas nunha quenda.
- Adxudicación de prazas: farase atendendo ao número de horas de voluntariado medioambiental realizado entre outubro de 2017 e maio de 2018. No caso de que haxa varios candidatos/as en igualdade de condicións, efectuarase un sorteo entre eles. Comunicarase o resultado entre o 14 e 16 de xuño
- O prazo de inscrición definitivo, unha vez realizada a asignación de prazas, terá lugar entre o 18 e o 22 de xuño presentando a ficha de inscrición definitiva (colgarase no blog nese momento). Compre lembrar que é importante cumplir con estes prazos para poder facer as correspondentes reservas de acceso ao Parque Nacional e, logo, reservar os billetes con antelación suficiente para non quedar sen poder acceder á illa.