Coa entrada do verán dende a Concellería de Medio Ambiente estanse programando novas actuacións para o Voluntariado de Camiño a Camiño, aparte do voluntariado en Cíes que xa se vai resolver ao longo deste luns 18 de xuño. As propostas son:
- Curso extraordinario de iniciación ao voluntariado medioambiental: mércores 20 xuño, 19:00 en Vigozoo. Quen participe neste curso podería acceder a prazas vacantes no voluntariado de Cíes.
Pódese inscribir enviando un correo a info@caminoacaminovigo.org, chamando á taquilla de Vigozoo (986 26 77 83) ou presentándose directamente no curso. Importante: levar fotocopia do DNI para adxuntar ao acordo de voluntariado.
- Curso específico de voluntariado para paseo de cans abandonados: mércores 20 xuño, 19:00 en Vigozoo. Este curso, que se fará xunto co curso de iniciación anterior, habilitará para participar en labores de acompañamento con cans abandonados xestionados pola Asociación protectora de animais na caneira municipal.
Pódese inscribir enviando un correo a info@caminoacaminovigo.org, chamando á taquilla de Vigozoo (986 26 77 83) ou presentándose directamente no curso. Importante: levar fotocopia do DNI para adxuntar ao acordo de voluntariado.
- Curso específico de voluntariado no invernadoiro de plantas exóticas de Vigozoo: sábado 23 xuño, 11:00 en Vigozoo. Nº de prazas: 20.
Este curso, dirixido exclusivo ao voluntariado de Camiño a Camiño, permite iniciarse no cultivo de orquídeas e realizarase no orquidario de Vigozoo.
Pódese inscribir enviando un correo a info@caminoacaminovigo.org, chamando á taquilla de Vigozoo (986 26 77 83) ou presentándose directamente no curso.
Para máis información tamén podedes dirixiros ao teléfono 662 23 10 23