Nesta semana Acampada e Visita en Cíes xunto con inscrición en Ancares e conferencia sobre o Ceo de Vigo


Nesta semana a Concellería de Medio Ambiente de Vigo ofrece a segunda quenda de actividades en Cíes, coa Acampada familiar e coa Visita á illa o domingo (a inscrición xa se pechou nesta semana pasada). 

Tamén terá lugar o proceso de inscrición para as Rutas por Ancares do 2-3 de xuño, así como para o Curso de "Viticultura en Galicia" do sábado 26 de maio.

O xoves 24 de maio, as 19h, terá lugar a quinta Conferencia en Vigozoo e versará sobre "O ceo de Vigo", a cargo de Esther Pérez Fernández, física colaboradora da Universidade de Vigo e directora do IES de Beade (premer para ver o programa)


Acampada familiar (26-27 maio, inscrición dende o luns 21 maio)
Nesta acampada teñen que inscribirse familias (proxenitores ou titores legais cos seus fillos/as ou titorandos) e quen o solicite poderá solicitar prazas nas tendas de campaña provistas pola organización.

As familias que teñan obtido praza para a Acampada no 010 (986 81 02 60 dende móbil) terán que cubrir a seguinte ficha de inscrición (premer) e presentala ou ben a través de correo electrónico en info@caminoacaminovigo.org ou ben na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello de Vigo) en horario de 9:00 a 14:00 ata o xoves previo á actividade. 

Resulta imprescindible detallar se se solicita tenda de campaña a efectos de organizar a actividade. Tamén é importante leer as recomendacións indicadas na ficha. Lembrar que durante a estadía en Cíes estará aberto o restaurante do Camping pero non o supermercado. A organización montará na Acampada un espazo comedor de uso compartido.

O proceso de control de saída e abono da achega (7 euros/persoa, levar cambiado por favor) terá lugar a partir das 9:30 na zona de embarque na Estación Marítima. Ter en conta que ás 10:30 teríamos que xuntarnos para embarcar.

AVISO: A participación nas Acampadas familiares non son compatibles coa inscrición nas Visitas a Cíes.


Rutas por Ancares (2-3 xuño, inscrición dende luns 21 maio)
A actividade desa fin de semana consistirá o sábado na realización da ruta a Tres Bispos (14km, dificultade alta) e o domingo nunha ruta dende Balouta a Miravalles (10,6km, dificultade alga). Máis información no dossier adxunto, xunto con información da inscrición (premer).

Como sempre nas Rutas por Galicia, a inscrición empeza con dúas semanas de anticipación. Nesta ocasión hai que facela no 010 entre o luns 21 e o mércores 23 para empadroados e, se sobran prazas, o xoves 24 para non empadroados. Pensar que hai que pechar o número de participantes co aloxamento.

Ata o xoves 24 de maio pagaranse os 15 euros iniciais polo sistema de pagos (sede electrónica: tarxeta o carta de pagamento -premer para ver procedemento- ou solicitando a carta de pagamento presencial na Concellería de Medio Ambiente)


Ata ese mesmo xoves 24 de maio hai que presentar o xustificante de pago e a Ficha de inscrición específica (está inserta ao final do dossier ou premendo aqui) , na que ou ben a título individual ou ben como matrimonio se especifican datos para a reserva do aloxamento. A presentación pódese facer telemáticamente no correo info@caminoacaminovigo.org ou presencial na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello de Vigo, entre 9:00 e 14:00)


Máis información en solapa Rutas e Acampadas (premer) ou no teléfono 662 23 10 23 en horarios de oficina.
Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Nesta semana Acampada e Visita en Cíes xunto con inscrición en Ancares e conferencia sobre o Ceo de Vigo
Nesta semana Acampada e Visita en Cíes xunto con inscrición en Ancares e conferencia sobre o Ceo de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhPyjToVTwbHygo2funnK9NDDv3cCxDPlIHe1700yoe2I91Os3S2WiX_EclTxmfDkALMEZWZmbD47OM8_Yyf_z3vWDPY8bY1nPml2XQ8Feb9rXs79qyL7ETWG6XsMMh91E3nAUN4DU3OJjY/s320/Acampada18-1b-2.jpeg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhPyjToVTwbHygo2funnK9NDDv3cCxDPlIHe1700yoe2I91Os3S2WiX_EclTxmfDkALMEZWZmbD47OM8_Yyf_z3vWDPY8bY1nPml2XQ8Feb9rXs79qyL7ETWG6XsMMh91E3nAUN4DU3OJjY/s72-c/Acampada18-1b-2.jpeg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/05/cuarta-semana-de-maio-2018.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/05/cuarta-semana-de-maio-2018.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar