Dentro da programación de educación medioambiental Camiño a Camiño prevista pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo para a primavera de 2018 está previsto unha serie de conferencias divulgativas sobre temas de interese xeral para a cidadanía. Terán lugar no Auditorio de Vigozoo os xoves, con periodicidade quincenal, con entrada gratuíta ata completar aforo. Ver programación na solapa Conferencias e Cursos (premer)
A quinta das conferencias terá lugar o vindeiro xoves 24 dei maio, as 19:00, baixo o título de "O ceo de Vigo", a cargo de Esther Pérez Fernández, física colaboradora da Universidade de Vigo e directora do IES de Beade.