O 6 de maio terá lugar a clásica visita ao Monte Galiñeiro, pero esta vez imos a contemplalo dende a perspectiva xeolóxica para pechar o ciclo Monumentos naturais en pedra. Comprenderemos que na bisbarra de Vigo temos unha auténtica xoia dende a perspectiva xeolóxica.
Lembrar que a hora de convocatoria é as 8:00 (non as 9:00 como aparece no folleto) para saír as 8:30. A idea é chegar sobre as 13:00 para que os que teñan compromisos derivados do día da nai cheguen a tempo. Tamén lembrar que esta saída é gratuíta por ser no termo municipal e realizarase no autobús urbano.