Co mes de abril arrancan as Sendas a carón dos monumentos naturais en pedra. A primeira consistiu en insertarnos no Monte Aloia, que pertence á Serra do Galiñeiro e permite contemplar como unha gran cordilleira que nos 250 últimos millóns de anos se foi erosionando e deu á paisaxe que hoxe podemos ver, onde chegou ou Océano Atlántico e onde quedou o granito e o gneis (presenta os minerais ordeados en bandas claras e escuras).
O día estivo complicado, pero non libre de bonitos momentos como os que se poden contemplar nas fotos do día (premer aqui ou ver no apartado Fotos 2018)