Como se comunicou en días previos, a participación nos percorridos medioambientais da Concellería de Medioambiente de Vigo que forman parte de "Sendas a carón dos monumentos naturais en pedra" e "Rutas por Galicia" vai requirir o seguinte procedemento:
1. Inscrición inicial no 010 (986 81 02 60 dende móbil) de luns a mércores para empadroados e xoves para non empadroados na mesma semana da actividade. No caso de "Rutas por Galicia" efectuarase a semana anterior.
2. Pagamento da achega a través de Sede electrónica (ver guía de uso), que pode ser ou con tarxeta ou xerando Carta de pagamento para ir ao banco.
Premer para ir directamente á Sede Electrónica (aquí)
No caso de persoas que non teñan posibilidade de empregar a Sede electrónica, a Concellería de Medio Ambiente xerará a Carta de Pagamento nas súas oficinas (2º andar do Concello) en horario de mañá ata o venres as 13:00 previo á actividade. No caso de "Rutas por Galicia" ata o xoves da semana anterior.
3. Participación na actividade. Poderán facelo aquelas persoas que dispoñan de praza e que teñan realizado o pagamento, sendo obrigatorio presentar o xustificante de pagamento no momento de acceso ao autobús.
No caso de "Rutas por Galicia" será obrigatorio pasar polas oficinas da Concellería de Medio Ambiente ata o xoves da semana anterior á actividade para presentar o xustificante de pagamento e cumprimentar un documento que permite formalizar a reserva de aloxamento e realizar o seguro de accidentes.
Para máis información: info@caminoacaminovigo.org ou no 662 23 10 23 en horario de oficina.