Última semana de abril con Percorrido Quiroga, Paseo Vixiador e Conferencia sobre orquídeas


A programación de Camiño a Camiño da Concellería de Medioambiente de Vigo pecha abril con: Percorrido de día completo polo Pregamento de Campodola-Leixazós (domingo),  Paseo polos montes de Candeán (sábado)Conferencia en Vigozoo sobre "O mundo das orquídeas" (xoves 26, 19h), e como sempre, con voluntariado (ver avisos) e hortas urbanas, en plena fase de preparación de bancais. Ademáis, o grupo do Courel realizará a súa ruta o sábado e o domingo.

Sendas a carón dos monumentos naturais en pedra: Pregamento de Campodola-Leixazós (Quiroga)
Esta cuarta senda permitiranos achegar ao espectacular Pregamento de Campodola-Leixazós (concello de Quiroga), que xunto co resto da Serra do Caurel é candidato a ser considerado Xeoparque pola Unesco. 

Todos os participantes poderán contemplar o citado monumento xeolóxico, así como os que teñan a ben poderán visitar o Museo Xeolóxico de Quiroga (entrada 1 euro por grupos), cunha recopilación de información moi chamativa da xeoloxía da zona (ver enlace). Nesta ruta engadirase o grupo que o sábado foi ao Courel.


Dada as características de forte baixada por onde vai a discorrer o percorrido, optouse por ofrecer unha ruta alternativa polo entorno de Quiroga moito máis sinxela para que non queira facer a ruta principal:

a) Percorrido polo carón do Pregramento de Campodola-Leixazós, de dificultade media-alta polo pronunciado desnivel de baixada (pendente media 14% e pendente máxima 33%). Recomendable boas botas de camiñar e bastóns para facilitar o desprazamento.



b) Percorrido alternativo por Quiroga, de dificultade baixa. Neste caso, irase a ver o Pregamento de Campodola-Leixazós e, posteriormente, baixarase en autobús ata Quiroga e farase un percorrido moi interesante pola beira do rio ata desembocar ao río Sil. Poderase deixar a comida no autobús. Haberá tempo para visitar o Museo Xeolóxico e coñecer Quiroga.



Lembrar que o horario da actividade é: convocatoria as 8:00 na Praza do Rei e saída as 8:30. Nesta ocasión trátase dunha saída de día completa, podendo chegar as 21:00 horas. 

Recomendacións: É importante levar boas botas, bastóns, roupa para a choiva e suficiente auga para todo o día. Tamén levar roupa e calzado de reposto por se chove (deixámolo no autobús)

inscrición farase ata o mércores -non empadroados, o xoves- no 010 (986 81 02 60 dende móbil) e o pago da achega de 7 euros ata o venres as 13:00 a través da Sede Electrónica (aquí) ou recollendo os impresos de pago nas oficinas da Concellería de Medio Ambiente (2º andar, de 9 a 14h ata o xoves). Máis información do proceso de pago na seguinte guía de uso.


Paseos polos montes de Vigo: Sendeiro Local de Candeán
Seguindo cos paseos propostos pola Concellería de Medio Ambiente e a Mancomunidade de Montes de Vigo de cara a coñecer as riquezas medioambientais, paisaxísticas e patrimoniais existentes nos montes de Vigo, nesta ocasión toca achegarse aos montes de Candeán, no entorno do Parque Forestal de Vixiador. Un lugar moi agraciado na primavera.

Punto de encontro: Cafetería do Parque Forestal do Vixiador (localización en Google Maps
Hora de quedada: 16:30. Duración aproximada: 2:30 horas
Público destinatario: familias con menores, persoas interesadas no coñecemento dos montes de Vigo.
Temas a abordar: flora e fauna dos montes de Candeán, a ruta dos Dolmens, etc

Inscrición gratuíta de luns a venres a medio día no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou no apartado Inscricións do blog de montes de Vigo (premer aqui)

Máis información: montesdevigo.servizos@gmail.com ou no 662 23 10 23.
Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Última semana de abril con Percorrido Quiroga, Paseo Vixiador e Conferencia sobre orquídeas
Última semana de abril con Percorrido Quiroga, Paseo Vixiador e Conferencia sobre orquídeas
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjIFU9tv0XYb660Cxr9TkFZiPJLhFfQeyxhXwFWTAFf3ah2pgUpEQKpy6Mtv2dx5pG4pNpvTw2-RUIZVcuPxieFzpudo8mJsVfwS4aomzEE0mPEhqLezlATuxAKQ404hIASouZzOyxDRbgO/s320/Pregamento-18.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjIFU9tv0XYb660Cxr9TkFZiPJLhFfQeyxhXwFWTAFf3ah2pgUpEQKpy6Mtv2dx5pG4pNpvTw2-RUIZVcuPxieFzpudo8mJsVfwS4aomzEE0mPEhqLezlATuxAKQ404hIASouZzOyxDRbgO/s72-c/Pregamento-18.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/04/cuarta-semana-de-abril-2018.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/04/cuarta-semana-de-abril-2018.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar