A conferencia impartida polo cultivador de orquídeas Francisco José García Soto puxo de manifesto o inmenso mundo que rodea a esta familia de plantas que se caracterizan por unhas flores singulares e complexas, así como polas curiosas interaccións cos axentes polinizadores e cos fungos cos que forman micorrizas.
Durante a amena conferencia poidose comprobar a importancia de comprender como se comportan as orquídeas para podelas cultivar con éxito. Anque hai especies autóctonas, a gran maioría das casi 30.000 especies proceden de latitudes intertropicais, e por tanto, requiren condicións de luz, temperatura e humidade propias destes lugares. Precisamente por isto, por exemplo, algunhas especies soen florecer cando levan un par de semanas sen aporte de auga e interpretan que se teñen que reproducir.
Resultaron moi ilustrativas algunhas das recomendacións de coidado, de soportes para o seu cultivo e de os abonos a empregar. Neste apartado houbo un interesante intercambio co público asistente.
En definitiva, quedou claro que se trata dunha afición cada vez máis asequible e únicamente require paciencia e capacidade de observación para poder interactuar cuns seres vivos moi sensibles.