Dende Abril ábrese novo ciclo de percorridos de Camiño a Camiño con novidades na inscrición


Coa entrada do mes de Abril, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo ten previsto dentro do programa de educación medioambiental Camiño a Camiño o ciclo "Sendas a carón dos monumentos naturais en pedra"

Trátanse de cinco rutas que pretenden dar a coñecer formacións en pedra de notoria singularidade en espazos paisaxísticos destacados de Galicia: Monte Aloia (8 abril, medio día), Pena Corneira en Leiro (15 abril, medio día), Monte Pindo en Carnota (22 abril, día completo), Pregamento xeolóxico de Campodola en Quiroga (29 abril, día completo) e Monte Galiñeiro (6 maio, medio día). Pena Coneira como o Pregamento de Campodola están incluídas no catálogo de Monumentos naturais da Xunta de Galicia.

Aproveitando estes percorridos abordaranse contidos relativos á paixase, aos monumentos naturais como figura de conservación, ás características xeolóxicas de Galicia e a súa dinámica dende Panxea ata a actualidade e outros temas relacionados.

Organización das rutas e novidades na inscrición

Para estas cinco rutas modifícase o horario da actividade pasando a ser a convocatoria as 8:00 e a saída as 8:30. Deste xeito, nas etapas de medio día agardase poder estar de volta sobre as 15:00 (agás o día do Galiñeiro que se chegaría antes por ser o Día da nai)

A inscrición realizarase como sempre no 010 (986 81 02 60 dende móbil) de luns a mércores (o xoves para non empadroados). 

A novidade na inscrición consiste no sistema de pago (3 euros medio día e 7 euros día completo; 50% de desconte a menores de 12 anos). Modificando o expresado na publicidade, terá que facerse a través da Sede electrónica do Concello de Vigo no apartado Autoliquidación do pago de Actividades "Percorridos medioambientais". En principio está previsto que nun mesmo trámite se poidan efectuar os pagos de varios inscritos/as indicando simplemente nome e apelidos e percorrido. Dará opción para o pago con tarxeta ou para a impresión do impreso de autoliquidación e posterior pago nunha entidade bancaria autorizada.
Atención: Ata o luns 2 de abril non estará operativo e no momento de inscrición no 010 xa informarán en que momento se abrirá

Para poder participar na actividade é necesario presentar o xustificante do correspondente pago, habendo únicamente prazas de autobús para o número de prazas pagadas o venres pola mañá.
Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Dende Abril ábrese novo ciclo de percorridos de Camiño a Camiño con novidades na inscrición
Dende Abril ábrese novo ciclo de percorridos de Camiño a Camiño con novidades na inscrición
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj4LQD51zDB42N94ofbanEgvFDqjKONveuNszTXfk9AfTewdEu-QxNQIm0Ky05ZRuVp93TfUUFhpDeYWyK6IRlb-f8PsN92vJa-8cLXlc-cgfoQSnbOWWJRUhEqltSBvevdcUYTIb23_Rc8/s320/Pena+Corneira+2018.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj4LQD51zDB42N94ofbanEgvFDqjKONveuNszTXfk9AfTewdEu-QxNQIm0Ky05ZRuVp93TfUUFhpDeYWyK6IRlb-f8PsN92vJa-8cLXlc-cgfoQSnbOWWJRUhEqltSBvevdcUYTIb23_Rc8/s72-c/Pena+Corneira+2018.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/03/percorridos-monumentos-naturais-en-pedra-2018-1.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/03/percorridos-monumentos-naturais-en-pedra-2018-1.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar