Dentro da programación de educación medioambiental Camiño a Camiño prevista pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo para a primavera de 2018 está previsto unha serie de conferencias divulgativas sobre temas de interese xeral para a cidadanía. Terán lugar no Auditorio de Vigozoo os xoves, con periodicidade quincenal, con entrada gratuíta ata completar aforo. Ver programación na solapa Conferencias e Cursos (premer)
A primeira das conferencias terá lugar o vindeiro xoves 22 de marzo, as 19:00, baixo o título de "A vida dos planetas", a cargo de Isabel Rebollido Vázquez, astrofísica da Universidade Autónoma de Madrid.
Descargar folleto |
Por outra banda, este xoves, a partir das 16:30, tamén en Vigozoo, terá lugar o segundo Curso básico de hortas urbanas no que se darán a coñecer as nocións básicas sobre agricultura ecolóxica, así como a dinámica de funcionamento das hortas-escola do Concello de VIgo. Para inscribirse é necesario apuntarse no 010 e aboar 5 euros no momento de entrada en Vigozoo.