Nesta semana do 5 ao 11 de marzo vai ser intensa en actividade de Camiño a Camiño dado que escomeza a programación de Cursos e de Hortas urbanas, e proseguen os Percorridos mediambientais e o Voluntariado medioambiental.
Cursos (sábado 10 marzo)
A Concellería de Medio Ambiente ten programado para este sábado tres cursos:
- Curso básico de hortas urbanas (10 marzo, 10-13h, Vigozoo, 5 euros). Este curso habilita para participar nas hortas-escola do Concello de Vigo
- Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental (10 marzo, 10-13h, Vigozoo, gratuíto). Este curso habilita para participar nos programas de voluntariado medioambiental do Concello de Vigo
- Curso "Viticultura en Galicia" (10 marzo, 11:30-14:00, Asoc. Veciñal Casco Vello -Rúa Oliva 12,soto-). Daranse a coñecer os distintos viños de Galicia e faráse un detalle dos viños da Ribeira Sacra. Haberá degustación.
Hortas urbanas (toda a semana)
Arranca a tempada de hortas cos preparativos dos espazos e asignación dos bancais. Tamén se seguirá mantendo os alcoubes plantados polo voluntariado de hortas e, ao longo do mes, incorporaranse os/as novos/as participantes procedentes dos cursos que se celebrarán ou ben o sábado 10 de marzo ou ben o xoves 15 de marzo (ver programa cursos)
Os horarios das distintas hortas están dispoñibles na solapa de hortas (premer)
Percorridos medioambientais (domingo 11 marzo)
Esta semana realizarase a segunda etapa entre o Parque Forestal de Bembrive e Zamáns, cun total de 11 km de intenso monte. Veremos a transición entre montes sanos e montes queimados. Tamén teremos ocasión de gozar de bonitas panorámicas, se o tempo acompaña.
Voluntariado medioambiental (martes, xoves e sábado)
Nesta semana, se o tempo o permite , proseguirase o martes e o xoves co marcado do GR-53 en distintos tramos. De non poder pintar, farase recorrido de recoñecemento de sendeiros locais afectados polo lume.
O punto de quedada será a Pasiva (ver localización) ás 15:45 para desprazarse ao lugar de pintado ou de receñocemento.
O sábado, tamén se o tempo o permite, faranse labouras de plantación na Comunidade de Montes de Matamá. O lugar de quedada será no Parque Forestal de Maruxento as 10:00, ou quen queira, na Pasiva ás 9:30. No caso de choiva, suspenderase a actividade.
Lembrar que este sábado 10 tamén haberá o Curso de iniciación ao voluntariado para aquelas persoas que queiran incorporarse a esta actividade. Ver enriba apartado de cursos.