A Concellería de Medio Ambiente ven de dar a coñecer a programación de Camiño a Camiño para a primavera 2018.
Nela recollense os percorridos medioambientais previstos, o calendario das hortas urbanas e dos cursos, así como aquela outra información de interese para os/as participantes e a cidadanía en xeral.
Nesta edición incorpóranse como novidades as Conferencias no Auditorio de Vigozoo a partir do 22 de marzo, así como as acampadas familiares en Illas Cíes e en Vigozoo e os paseos polos montes de Vigo os sábados de abril.
No folleto que se achega (premer para descargar) atópase o detalle da programación, sendo o vindeiro sábado 10 de marzo os primeiros cursos de hortas, de voluntariado e de viticultura. Tamén se pode consultar na solapa Programa
A primeira ruta terá lugar o domingo 4 de marzo, iniciando unha serie de percorridos pola Senda Panorámica de Vigo (GR-53). Posteriormente farase unha serie de percorridos polos monumentos naturais en pedra, achegándose a lugares tan simbólicos como Monte Aloia, Pena Corneira (Leiro), Monte Pindo (Carnota), Pregamento xeolóxico de Campodola (Quiroga) e o Monte Galiñeiro. Tamén están previstas Rutas por Galicia, as visitas ás Illas Atlánticas e dúas rutas nocturnas.
As hortas urbanas iniciarán a súa actividade a partires do martes 6 de marzo, nos horarios habituais. Activarase a partir de entón a inscrición ao 2º nivel para as persoas interesadas.
Descargar programa |