Este sábado 27 de xaneiro tivo lugar un acto solidario polos montes queimados organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo e no que se agradeceu ao Alcalde do Concello de Vigo e á Concelleira de Medio Ambiente a vital colaboración na extinción dos incendios e posteriores actuacións.
No acto entregouselle unha placa conmemorativa ao Voluntariado de Camiño a Camiño en agradecemento pola laboura de urxencia realizada inmediatamente despois dos incendios. Un total de 25 voluntarios e voluntarias participaron no agarimoso acto, en representación dos 100 voluntarios que estiveron presentes nas distintas actuacións.
No enlace recóllense os recortes dos artigos que saíron hoxe en Atlántico Diario e en Faro de Vigo (premer aqui)
Aproveitando a ocasión xa se informou que está previsto que a partires do mes de febreiro continúen as accións de voluntariado nos montes de Vigo, xa nunha segunda fase de repoboación en espazos de uso público dos montes queimados e do anel verde, así como actuacións de erradicación de invasoras. En breve farase pública a programación con máis detalle.