Este sábado 4 de novembro desenvolveuse unha actividade de Voluntariado de Montes en colaboración coa Comunidade de Montes de Coruxo. En total 125 persoas asistiron, entre voluntariado de Camiño a Camiño e colaboradores da Comunidade de Montes.
A mañá estivo moi agradable para facer as labouras de acolchado, de contención de escorrentía e de limpeza de cunetas e canalización de auga.
A actuación quedou recollida na prensa (premer aqui) e na Televisión de Galicia (premer aqui)
Está previsto continuar o vindeiro xoves, 9 de novembro, de 16 a 19 horas para o grupo de voluntariado que asistiu o sábado e outros voluntarios/as que teñan os acordos de voluntariado entregados xunto co DNI. Calquera aclaración podedes contactar no info@caminoacaminovigo.org.