Despois dun magnífico percorrido pola Costa da Vela durante o día e dun desolador regreso a Vigo pola tarde-noite, o vindeiro domingo pecharemos o ciclo da Costa Atlántica coa visita á Costa do Salnés, en Sanxenxo.
Trátase dun percorrido que contrasta cos dous anteriores en certos aspectos como a existencia do itsmo que une O Grove con Sanxenxo e sobre o que aparece a praia da Lanzada, ou a aparición de cantís moi pronunciados e dunha gran beleza. Polo demáis, aparecen formacións semellantes ás outras dúas costas visitadas.
O percorrido total (ruta longa) entre A Lanzada e Portonovo ascende a 18,6 km e, aparte de pola distancia, é moi levadeiro. Para quen non queira realizar todo o percorrido (ruta curta), darase a opción de parar na praia de Montalvo, ata onde se farán 12,7 km.
Como sempre, a inscrición faise no 010 (986810260 dende móbil) de luns a mércores, e o xoves para non empadroados. O pago da achega de 7 euros farase o propio día da actividade na Praza do Rei (levar o importe xusto).
Recoméndase levar calzado de camiñar que protexa ben os nocellos, así como bastóns. Tamén é moi importante levar gorra e reforzo de auga para evitar desidratación.