Arranca a tempada de outono de Camiño a Camiño cunha serie de tres percorridos pola costa. Nesta ocasión principiamos pola Costa de Vigo e, tal e como indicou a Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, con moita enerxía e ganas de que se incorporen novos participantes ao grupo de camiñantes que todos os domingos combinan actividade física con coñecemento do seu medio.
O obxectivo é coñecer como se conformaron as rías galegas, e particularmente, as Rías Baixas. Resultou moi interesante principiar pola costa de Vigo e ver como mudou nestes últimos 60 anos.
Por outra banda, o día non poido ser mellor, tanto pola temperatura ambiente e a luz existente, como polo feito de que a marea extraordinariamente baixa nos abrira a coñecer de preto as formacións da costa propias da Costa de Vigo: cantís, bolos, rasas mariñas, praias e dunas (ver o esquema presentado na solapa COSTA ATLÁNTICA, premer aqui). Na reportaxe fotográfica veranse claros exemplos de todo isto (ver na solapa FOTOS ou premer aqui). Algunha mostra de seguido: