A Concellería de Medio Ambiente de Vigo, vista a magnitude da actuación a realizar nos Montes de Vigo derivada da catástrofe incendiaria vivida o domingo 15 de outubro de 2015, así como á conveniencia de non circular por zonas afectadas, decidiu suspender definitivamente as actividades relativas aos percorridos medioambientais pola Senda panorámica de Vigo (GR-53) a celebrar dende o domingo 29 de outubro ata o domingo 19 de novembro.
A súa vez, dado que a participación nos procesos de recuperación dos montes teñen que obrigatoriamente canalizarse polo programa de voluntariado medioambiental Camiño a Camiño do Concello de Vigo, de xeito que as persoas participantes estean debidamente formadas e aseguradas (requisitos imprescindibles de calquera voluntario/a segundo a Lei de Voluntariado de Galicia), a gran colaboración cidadá que se está ofrecendo únicamente se realizará a través desta vía.
Aquelas persoas que queiran participar e que non teñan asinado o acordo de voluntariado correspondente, poden inscribirse na lista de inscrición xestionada a través do 010 (986810260 dende móbil) para próximas convocatorias de habilitación de voluntariado medioambiental.
A Concellería de Medio Ambiente agradece a compresión de todos e todas os participantes en Camiño a Camiño.