Nesta terceira etapa do ciclo de percorridos pola Costa Atlántica poidemos comprobar como na costa do Salnés existen excelentes exemplos das distintas formacións costeiras. Dende o itsmo que une Sanxenxo co Grove ata expléndidas praias e impresionantes cantís.
Algo debía ter este bonito espazo cando xa dende a antiguidade existían moradores, do que boa mostra son as excavacións ao carón da ermida da Sra da Lanzada.
Algunhas mostras do que comentamos, así como do garimoso día que nos acolleu, pódense ver nas fotos colgadas no álbúm (premer). Para mostra: