O voluntariado de Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente xa está en pleno funcionamento e complétase este sábado 1 de xullo co voluntariado en Cies.
Por unha banda, o voluntariado de sendeiros está realizando unha revisión da situación da marcaxe dos sendeiros locais. Por outra banda, no Monte da Guía séguese coa erradicación de invasoras e principiou a marcaxe da senda azul.
No voluntariado de Vigozoo está prevista a primeira sesión o martes 4 de xullo, a partir das 10:00.
Por último, un importante grupo de persoas voluntarias renovaron os seus acordos de voluntariado e fixeron solicitude de quendas para o voluntariado de Cíes durante os meses de xullo, agosto e setembro. A primeira delas embarca este sábado para a illa.