Este pasado domingo permitiunos experimentar sensacións intensas e inolvidables. Algunhas delas quedan reflexadas na reportaxe fotográfica (premer). Tamén José Luís envía unha boa reportaxe (premer)
Primeiro achegámonos a Cea para saborear a tradición do pan (e outros menesteres). Aparte de levarse a bola de pan debaixo do brazo, coincidiu que o museo do pan abriu e algúns tiveron a sorte de ver o interior do forno (queda recollido na reportaxe).
Despois tivemos que ir ao rescate do grupo da fin de semana e con tal motivo empezamos un pouco a trompicóns.
A medida que subíamos pola ribeira do río Oseira íamos entrando en calor e gozando dun territorio ben fermoso, ata que o frente que nos atopáramos na Cañiza chegou xunto a nós. Como sempre camiñar con choiva permite unha experiencia máis intima, ata que o espíritu se nos enfriou coa auga-neve e co granizo. Menos mal que logo voltou o sol e recuperamos a temperatura nós e tamén a estrada (mesmo fervía). En definitiva, o percorrido ofreceu unha paraxe extraordinaria que fixo a delicia dos asistentes.
O broche de ouro tivo lugar coa visita ao mosteiro, que sen dúbida merécese a denominación do "Escorial de Galicia". Vendo as fotos comprobamos como quedamos abraiados coa colosal obra de séculos dun conxunto impresionante.