Despois dunha intensa Andaina polos montes de Vigo, recobramos o percorridos habituais e nesta semana principiamos coa rutas nocturnas: tocan os montes de Zamáns
Partiremos do Parque Forestal de Zamáns para pasar por Chan Doural e dirixirnos á Loma da Zorra, un miradoiro natural que ofrece unha panorámica de 360º que agardamos sexa moi agradable pola noite. De volta pararemos en Chan Doural para ver que nos ensina esa noite o ceo. En total faranse sobre 10 quilómetros e subiremos de 358m a 706m, coa correspondente baixada posterior.
Lembrar que o percorrido será o sábado 3 de xuño, tendo que estar na Praza do Rei as 20:30 para saír as 9:00. Cómpre levar linterna e roupa de abrigo pois non a temperatura non se sabe como virá.
A inscrición como sempre no 010 (986 81 02 60 dende móbil) e ao ser gratuíta pasarase o control directamente na Praza do Rei o propio sábado.