Como colofón do achegamento ao Románico en Galicia, no día de hoxe tivo lugar a visita as tres representantes do Románico rural galego que se conservar en Vigo (por esta orde: San Salvador Coruxo, Santa María de Castrelos e Santiago de Bembrive) de 15 que non seu momento chegou a haber. Moito máis sixelas pero igualmente deslumbrantes, e máis nun día luminoso como o vivido.
Dados os horarios, e coa colaboración do párroco de Castrelos, a visita máis intensa foi a esta igrexa, que a vindeira semana celebrará o seu 801 aniversario. Podemos descubrir a verdadeira xoia interior que ahí reside e que van facer dela posiblemente Ben de Interese Cultural galego.
No resume fotográfico (premer) atoparedes un estracto da visita e como comentábamos durante o percorrido é o claro reflexo da iniciativa e do traballo comunitario, que pervive no tempo.