O Concello vén de poñer en marcha "unha nova dimensión do Camiño a Camiño" que pasa por converter o monte en accesible para persoas con mobilidade reducida. O Concello dispón de tres cadeiras de rodas que contarán con dous portadores cada una delas, ademais dun guía que lles explicará os temas relacionados co patrimonio natural e artístico.
O proxecto consiste en que familias con persoas con discapacidade ou mobilidade reducida poidan facer senderismo a través dos montes de Vigo. Os interesados solicitarán unha cadeira de rodas que levará aparellados dous porteadores e un guía que lles explicará temas vencellados coa interpretación do patrimonio natural e artístico do monte. Para este Camiño a camiño adaptado, o Concello conta con tres cadeiras de rodas, dous delas propiedade municipal e unha terceira doada pola Naviera Mar de Ons, un xesto que o rexedor agradeceu "pola súa sensibilidade".