Semella que o tempo vai acompañar para facer o descenso pola ribeira do río Eifonso.
No tramo da Senda do Eifonso, seguro que vai ser unha delicia comprobar como o bosque de ribeira se comporta co inicio da primavera.
No segundo tramo veremos o novo trazado preparado pola Entidade Local Menor de Bembrive ata chegar a desembocar ao río Lagares.
Como o percorrido é curto (8,5km) e en baixada, agardamos realizalo relativamente rápido para poder celebrar o día do pai.