Non estaba claro como ía ser o percorrido polo Lagares despois da intensa choiva dos últimos días. Houbo que suprimir o tramo dende o Mercado de Cabral ata a Avenida de Madrid por motivos de seguridade, pero polo demáis a mañá aguantou e resultou satisfactorio o reencontro cos máis dun cento de camiñantes aguerridos de Camiño a Camiño.
As fotos da etapa as podedes visualizar aqui, ou, como sempre, na sección FOTOS 2017. Nesta edición, para simplificar, aquelas fotos que nos remitades os/as participantes as engadiremos ás que facemos dende a organización, agás que sexan moitas, que faremos selección.
Camiño a Camiño Vigo en Facebook
Nesta edición imos pór a proba a comunicación a través de Facebook, dado que moitos e moitas dos participantes o levan pedindo dende hai tempo.
O enlace é https://www.facebook.com/vigocaminoacamino/ e ten a seguinte presenza (fixaros que incorpore o logo de Camiño a Camiño). En breve colocaremos tamén un enlace no lateral do blog.
Entre outras avantaxes está que colgaremos a axenda de actividades
e que nos percorridos que sexa factible iranse subindo imaxes a medida que se fai a actividade.