O vindeiro xoves, 13 de outubro, as 17:00 celebrarase en Vigozoo o "Curso de hortas urbanas de Vigo - Nivel II" dirixido a usuarios e usuarias das hortas-escolas do Concello de Vigo que leven participando activamente no último ano e que dispoñan dos coñecementos e habilidades precisas para xestionar autónomamente unha parcela.
No curso realizarase unha recapitulación das aprendizaxes realizadas no Nivel I e presentarase o funcionamento do Nivel II. Asemade, en función da demanda existente para os espazos habilitados nas hortas de Ramón Nieto e de Sardomela, definirase o mecanismo de asignación empregado.
Para inscribirse neste curso pódese realizar directamente ao monitor/ra na horta-escola na que se participa, no correo info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 608 046 047 (en horario de oficina).