A Concellería de Medio Ambiente de Vigo da a coñecer a programación de Camiño a Camiño para setembro-decembro 2016, na que se ofertan percorridos medioambientais, cursos, voluntariado e hortas urbanas.
Pódese acceder a toda a programación no apartado "Programa" deste blog (premer aqui) e a o proceso para participar no apartado "Inscrición" (premer aqui).
Percorridos medioambientais por Vigo e bisbarra: a inscrición escomeza o luns 26 de setembro
Nesta edición, o domingo 2 de outubro, principiarase coa clásica Travesía Aloia-Galiñeiro (nesta ocasión arrancamos en Aloia) de día completo. O trazado da mañá é de algo máis de 12 km e, pola tarde, opcionalmente, farase un percorrido no entorno do Galiñeiro. Están contempladas ata 300 prazas. Este luns 26 colgarase máis información do percorrido.
Simultáneamente, ese mesmo domingo 2 de outubro, realizarase a actividade de escalada no Galiñeiro para un grupo de 50 persoas (dividiranse en dous subgrupos, que combinaran iniciación á escalada e un percorrido polas crestas do Galiñeiro). Poden inscribirse a partir dos 12 anos. Máis información dende o luns.
Lembrar que a preinscrición realizase entre luns e mércores no 010 (986810260 se chamades dende móbil) e posteriormente hai que rematar de facer a inscrición na Casa da Xuventude (López Mora 31, de 10 a 14h e de 17 a 20h) e aportar a achega de 7 euros. Non empadroados inscríbense os xoves, de haber prazas.
Percorridos medioambientais por Galicia: a inscrición escomeza o luns 26 de setembro
Para este outono a saída prevista é a Faro de Avión - Serra do Suído, os días 8 e 9 de outubro. Farase pernocta en O Carballiño e tentarase coincidir o domingo cos que participen na ruta prevista na Serra do Suído. Máis información dende o luns.
Como en todas as saídas por Galicia, a preinscrición realízase con quince días de antelación e por tanto tamén este luns 26 de setembro ábrese o prazo no 010 (986810260 se chamades dende móbil) ata o venres 30, tendo que pasar neste período por Casa da Xuventude a cubrir a inscrición definitiva e facer a achega de 50 euros prevista.
Cursos de formación: a inscrición escomenza o luns 3 de outubro
A oferta de cursos para este outono consisten en "Iniciación ao voluntariado medioambiental", que habilita para participar no voluntariado de Camiño a Camiño, e "Curso básico de hortas urbanas", que habilita para participar no nivel I das hortas urbanas do Concello de Vigo.
A primeira quenda para ambos está prevista para o sábado 8 de outubro, pola mañá, habendo unha quenda adicional para o curso de hortas urbanas o xoves 13 de outubro, pola tarde. Máis información na solapa "Cursos" (premer aqui)
Voluntariado medioambiental e hortas urbanas
Par participar en calquera dos dous programas da Concellería de Medio Ambiente é preciso ter realizado os cursos citados. Neles informase con detalle da dinámica a seguir e as alternativas tanto de labores de voluntariado como de hortas onde poder iniciarse.
Para aquelas persoas que xa están participando no voluntariado de Camiño a Camiño (premer aqui) e que despois do verán se queiran incorporar de novo, lembrar que no blog se avisa todos os luns a actividade prevista para a semana. Se precisan información adicional poden dirixirse ao correo info@caminoacaminovigo.org ou o teléfono 608 046 047 en horario de oficina.
Os/as participantes en hortas urbanas xa coñecen que dende esta semana principiou o horario de inverno.
Tamén comentar que en breve realizarase un "Curso de hortas urbanas nivel II" para aqueles/as que estean interesados/as en participar na experiencia de xestionar unha parcela nas hortas de Ramón Nieto e de Sardomela. Cando estea pechada a data avisarase neste blog.