A Concellería de Medio Ambiente informa que está en pleno proceso de programación e difusión da campaña de actividades para setembro-decembro 2016.
Dado o período electoral farase pública a partir do 26 de setembro, sendo a primeira ruta prevista o domingo 2 de outubro. Antes do 26 previsiblemente terá lugar un adianto a través deste blog para que se poida realizar ordenadamente a inscrición no 010.
En todo caso as actividades de hortas urbanas prosiguen con normalidade, producíndose a partir do martes 20 de setembro o cambio ao horario de inverno: polas mañás de 10 a 13h e polas tardes de 16 a 19h.
Tamén advertir ao voluntariado de Camiño a Camiño que retomamos actividade a partir do martes 20 de setembro no caso de voluntariado de Sendeiros (ver en avisos a convocatoria), do mércores 21 de setembro o voluntariado urbano no río Lagares e do sábado 24 de setembro o voluntariado urbano no monte da Guía.