O peche dos percorridos de Camiño a Camiño organizados pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo non poideron ter mellor broche: unha noite despexada para facer a nocturna por Coruxo e un tempo moi apropiado para visitar Ancares.
Nocturna por Coruxo
Despois de ter que suspender a finais de maio, a actividade desenvolveuse nunhas condicións inmellorables: despexado, boa luz e boa temperatura. Poidose contemplar unha posta de sol impresionante e, xa no Parque Forestal de Coruxo, a pesar da lúa chea, poidose facer unha observación de estrelas moi interesante. As poucas fotos dispoñibles (premer aqui) non deixan de ser atractivas como estas:
Ancares
Como noutras ocasións, a experiencia dos grupos que visitaron os Ancares foi intensísima e moi agradable, a pesares dalgún remollón e algunha que outra mala pasada da corrente dos caudalosos ríos. As fotos colgaranse nos vindeiros días (premer aqui), pero a modo de adianto, van algunhas: