Este mércores 11 de maio, na cafetería de El Corte Inglés, tivo lugar a charla "Sendeirismo polos montes de Vigo" dentro da programación de actividades da III Andaina polos montes de Vigo. Contou coa presenza de Uxío González, presidentes da Mancomunidade de Montes de Vigo, e de Xosé Antón Fernández, técnico dos Sendeiros Locais de Vigo na Concellería de Medio Ambiente.
Durante as exposicións poidose comprobar a boa saúde do sendeirismo en Vigo e de que o traballo que está a desenvolver a Concellería de Medio Ambiente coa colaboración das distintas comunidades de montes veciñais permite nestes momentos dispór dunha rede de 108 quilómetros de sendeiros distribuídos polos montes de Vigo, incluíndo nela o GR-53 coas súas variantes.
Tamén quedou de manifesto a aposta que dende Montes de Vigo se está a facer pola promoción do uso recreativo dos montes, tanto coa conservación dos parques forestais como co apoio ao trazado dos sendeiros locais que dende o Concello de Vigo se están a realizar.